O acuario merqueino de segunda man. Merqueillo ao meu amigo Rafa que se quería desfacer del. Creo que non llo agradecín dabondo a Rafa, sei que foi unha especie de favor. Polo que lle paguei non podería atopar un acuario tan equipado e moito menos con tantos trebellos como me incluíu no lote.
O meu acuario ten estas características:
Capacidade: 40 L
Filtro: EHEIM classic 22111
Osixenador: Non teño pero o filtro é de caída. O tubo por onde sae a auga está furado e a auga que saé polos buratos cae, osixenando así a auga.
Tapa: si, con luz

Nenhum comentário:
Postar um comentário