É importante situalo nun lugar accesible, onde se poida traballar (poñendo e quitando auga, por exemplo). Non pode ser un sitio de paso onde se pode tropezar con el. Debe ser un lugar luminoso, xa que imos a ter plantas, pero no que non lle de a luz directamente, para evitar un crecemento desmesurado das plantas.
Como non tiña onde poñer o acuario decidín facer un “moble” aproveitando así para facelo coas características que eu quería. Situeino nun recuncho onde pagar traballar tranquilamente só preciso mover un sofá.
Unha vez situado, antes de poñer a funcionar o acuario é necesario comprobar que o acuario non perde, que o filtro funciona correctamente. Se leva tempo sen usarse, ou é novo pode que haxa algunha dificultade que hai que salvar antes de poñer a andar o acuario, por ese motivo é preciso poñelo a andar, na situación escollida, para comprobar que funciona correctamente e que efectivamente o lugar que escollemos é accesible.
O día da inauguración deste blogue, o 18/09/11 puxen a funcionar o meu acuario, só con auga. Botou en marcha 4 días sen que lle detectase fuga ningunha nin mal funcionamento do filtro nin da luz.
Ei!
ResponderExcluirSó un comentario. E millor que non lle dea a luz natural posto que tes panéis de luz que van imitar o ritmo circadiano. Ademáis, coa luz natural vas a ter moitos mais problemas con algas saíndo por todas partes. Eu recoméndoche que non lle dea moitísima luz natural e utilices a luz que tes co temporizador.
Xa contarás!
Ola meu!!!
ResponderExcluirIgual non me expresei con claridade pero eso era o que pretendía dicir. Penso que o ideal é que esté nun lugar iluminado, pero sin que lle de a lúz solar directamente. Dito doutro xeito, non poñelo nun lugar sombrío, pero tampouco ao lado da fiestra onde máis quenta o sol.
Graciñas por comentar.