Decidín utilizar como substrato para o fondo un cascallo recollido na zona máis profunda da Ría de Ferrol. Ademais o cascallo foi cribado para deixar só a partículas maiores de 500 micras. Escollín este substrato porque nos sedimentos grosos a auga circula mellor e é máis difícil que se produza anoxia.
Xunto co cascallo viñeron algúns amiguiños. Vin polo menos un par de cangrexos ermitaños como o da foto (Familia Paguridae), algún gasterópdo, (Nassarius reticulatus, Ocenebra erinacea, ...) e algún pequeno bivalvo (Parvicardium sp.). Tamén puiden ver algún anélido poliqueto da familia Nereididae, e pareceume ver un nudibranquio, pero era moi pequeno, e non estou seguro de si era un nudibranquio ou un opistobranquio con cuncha interna.

Nenhum comentário:
Postar um comentário